Monday 29 de April de 2024

Unha unidade móbil para a doazón de sangue desprazarase tres días deste mes á cidade


Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase tres días deste mes á cidade. A primeira cita será este xoves, día 19, cando o vehículo permanecerá operativo en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas nas inmediacións da praza da Gándara, na rúa Pintor Sotomaior.

A vindeira semana tamén se desprazará á cidade, concretamente os días 23 e 24. En ambas xornadas as persoas que poidan ir a doar sangue terán que desprazarse ás inmediacións do centro de saúde, onde estará estacionado o vehículo entre as 9.30 e 14.30 e de 15.30  a 21.00 horas.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.